Boa tarde,
Como ben sabedes estes días son moitos os correos, wasap, etc. que recibimos.
Hoxe pola tarde enviou este unha compañeira do IES no que traballo e pareceume moi apropiado para compartilo co meu alumnado.
Faime lembrar cando compartía con vós os vídeos dos campos de refuxiados/-as, dos menores que buscan coltán, dos nenos /-as guerreiros/-as,... e reflexionabamos sobre iso.
Convídanos á reflexión para darnos conta de que "NOS TOCOU" e de que cada un de nós ten unha función que cumprir neste preciso momento.
SAÍR é tarefa de todas e todos NÓS.
Apertas grandes coma un monte!!