Powered By Blogger

5.07.2020

Historias detrás das ventás


Durante estes 56 días quizais estivemos, en moitas ocasións, coa sensibilidade a flor de pel. Emocións, sensacións, tristuras, alegrías...cambios de humor durante moitos intres do día e sen saber moi ben cal era o motivo.

Quizais sexa o momento axeitado para coller papel e lapis e facer escritura reflexiva. Ou simplemente nos apetece contar as nosas vivencias, sensacións, emocións de todos estes días. 

Sen dúbida será unha boa terapia e quizais liberemos todo ese estrés que se nos foi instalando no noso interior sen darnos conta.

Por iso vos quería deixar aquí a referencia a este certame literario para animarvos a participar.
Na imaxe non veredes ben as bases mais déixovolas aquí
Tendes de prazo ata o 12 de maio así que tendes tempo para contar as vosa vivencias ou o que vos apeteza. O tema é libre.
Con forza!!😊😊😊