2.ºE Sanxillao
Boa tarde,
As despedidas non son o meu forte, por iso as evito na medida do posible. Quizais neste caso sexa un: "ata logo!, non sabemos o que nos depara o camiño.
Sexa como sexa, foi un pracer que a vida nos fixera coincidir, meus titorandos e titorandas. Ensinástesme moito e puiden comprobar, unha vez máis, que o respecto mutuo funciona e que se todos e todas imos na mesma dirección, o ensino funciona.
Especial mención para a artista de 1.ºE, Noa Castrillón, por agasallarme con esa lámina de Rosalía que loce fermosa no meu fogar. ARTISTAZA!!
GRAZAS E QUÉROVOS!!💖