Powered By Blogger

12.19.2020

 A palabra do ano

Como ben sabedes cada ano eliximos a palabra do ano do noso idioma. A palabra elixida no ano 2019 foi sentidiño, unha palabra moi repetida no ano 2019 e que tamén o será no vindeiro ano.

Este ano compiten polo título varias palabras :gromo, máscara, nós, seteiro, vacina...moitas delas teñen que ver coa situación sanitaria que padecemos a nivel mundial.

Tendes ata as 23.59 h do día 25 de decembro para votar pola palabra que máis vos guste. Podedes facelo dende aquí.

Gromo, máscara, vacina... son vocábulos do noso dicionario que pasaron a ter un novo significado na vida cotiá e mesmo nas obras lexicográficas. 

Ata agora gromo designaba “o pequeno vulto que lles sae aos vexetais no talo ou nas pólas e que se vai transformando en novas pólas, follas ou flores”. Pero coa pandemia de coronavirus a RAG sumoulle o significado de “aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, así como o de primeira manifestación ou aparición de algo”. 

Como vedes, a pandemia non só está mudando o noso estilo de vida, senón tamén as acepcións do noso vocabulario. 

Oxalá que coa mestura de todas estas palabras (vacina, sentidiño, máscara...) sexamos quen de recuperar o noso ansiado "modus vivendi" para o 2021.